Xornada Solidaria de Actividades

A Plataforma de Afectados /as pola Hipoteca de Ferrol programa unha xornada solidaria para o vindeiro 2 de maio xunto con Espacio Vivo, Centro Multidisciplinar de Actividades ,Formación y Salud. A PAH quere promover esta acción colectiva para axudar aos seus soci@s a adentrarse no mundo das actividades orientadas a paliar os efectos derivados dos problemas que afectan á saúde e á estabilidade emocional da xente desafiuzada. 

A PAH de Ferrolterra está convencida que, ao igual que a loita social hai que encarala con alegría, tamén hai que combatir tendo o estado de ánimo a punto. Unha das cuestións máis importantes a día de hoxe é a estabilidade mental da xente agredida polo capital e a banca, desempregada, desafiuzada, precaria permanente, emigrante etc.

Con Espacio Vivo celebraremos unha xornada solidaria onde haberá desde as 16:00 as 23:30 actividades terapéuticas de todo tipo,actividades infantís,talleres para adultos, espectáculos de humor e baile etc. Preparámonos para seguir combatindo.

Na rúa da Terra 14 ,esquina rúa do Sol, reinventaremos a vida durante toda a tarde/ noite do día dous de maio. Vémonos!

Grazas e un saúdo.

Comité da PAH-Ferrol



Plataforma de Afectados pola Hipoteca Ferrolterra

Fuente: Plataforma de Afectados pola Hipoteca Ferrolterra

Noticia original: http://plataformadeafectadospolahipoteca.blogspot.com/2014/04/xornada-solidaria-de-actividades.html